Friday 26 de April de 2024

O Concello creará unha nova aula de estudo na Biblioteca de Rialeda


Atendendo ás necesidades dos veciños e veciñas que acoden ás bibliotecas municipais a estudar, o Concello habilitará unha aula de estudo na Biblioteca Central Rialeda en Perillo. Este novo espazo estará situado na edificación anexa á biblioteca.

“Das 8 bibliotecas municipais que temos, Rialeda é a sede central. No parque que a rodea hai unha construción na que imos crear unha aula de estudo para darlle un servizo que necesitan as persoas que van estudar á biblioteca”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.